jueves, 7 de marzo de 2013

O HOME ALMOFADA no Barco de Valdeorras!

Este venres, día 8 de Marzo, chegará ao teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras a nosa peza, O HOME ALMOFADA, ás 21:00 horas. Adxuntamos a continuación o texto publicitario do facebook do propio teatro:



"A compañía Il Maquinario, que malia o nome non son italianos, está formada por xente moza titulados da ESAD de Galicia dirixidos por Tito Asorey. É a súa primeira montaxe no teatro profesional e botan man dun dos dramaturgos de maior éxito na escena internacional, Martin MacDonagh. O home almofada é unha historia sobre a violencia e a inocencia coa contundencia descarnada, a tentura e o sarcasmo do teatro de MacDonagh, que o público do Barco ha lembrar en títulos como "A Raiña da beleza de Leenane", "Un cranio furado" ou "Oeste solitario". E falando de lembrar, Melania Cruz, unha das protagonistas deste "O home almofada" é a actriz que tanto gustou no "Ai Carmela", de Sanchis Sinisterra, que trouxo ao Barco a temporada pasada Teatro do Adro. Xa vedes que hai moitas razóns para non faltar este venres ao teatro. Coma sempre ás 21 horas, entrada 5 euros."

No hay comentarios:

Publicar un comentario