lunes, 1 de septiembre de 2014

PERPLEXO!!

Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que sabes como é a túa vida. Cres que tes certezas. Pero as certezas neste mundo son case unha utopía. Cando toda a realidade se derruba ao noso redor, a que podemos aferrarnos?... Benvidos o universo de Perplexo, a segunda produción da compañía ourensá Il Maquinario Teatro.