lunes, 3 de noviembre de 2014

Eugenia Vieitez fala de "Perplexo"

Trala estrea de PERPLEXO, Eugenia Vieitez, mestra de filosofía da Universidade Laboral de Ourense, fíxonos chegar estas fermosas palabras que nos encheron de ledicia...dende aquí queremos darlle as grazas máis sinceras. Que luxo de espectadores.



"Resulta altamente gratificante asistir a un espectáculo teatral que combina sabiamente todos os ingredientes que, dosificados, constitúen unha sinfonía harmoniosa, inxeniosamente realzada por unha moi matizada versión dun texto complexo e fondo que nos leva aos abismos do enigma que constitúe o ser humano. É de agradecer o esforzo por dar voz a vellos temas que a esquecida filosofía levou ao seu camiño, e facerse eco da súa vixencia en tempos en que a perplexidade volve a encher de néboa a nosa mirada. 
Tonifica e levanta o decaído ánimo, lembrar que polos camiños da reflexión, podemos decatarnos de que segue aberto o diálogo que Platón abriu para unha cidadanía cansada da ausencia de verdade, perdida na confusión da violencia e a apariencia falaz, e que dous mil quinientos anos despois segue roendo as entranas de moitos países. Empezando polo noso. 
Intelixente dirección e brillantes interpretacións duns actores, tan frescos e tan maduros, tan vivaces e tan exquisitamente profesionais, que enorgullece ter o privilexio de disfrutalos, dando marabilloso exemplo de que o talento, neste páramo a que nos abocaron as cabezas dirixentes do país, medra e da luz frote ás negras sombras que o atenazan. 
Bravo Fernando, seductora Melania, deliciosa Laura, exquisito Fran. Enorme Tito Asorey. Seguiredes medrando máis si cabe, e non porque non sexades xa grandes, senón porque estades cheos de vida, talento e enerxía. Grazas polo inesquecible concerto de beleza e verdade. Foi un pracer."
Eugenia, Outono de 2014.
           

"Resulta altamente gratificante asistir a un espectáculo teatral que combina sabiamente todos los ingredientes que, dosificados, constituyen una sinfonía armoniosa, ingeniosamente realzada por una muy matizada versión de un texto complejo y profundo que nos lleva a los abismos del enigma que constituye el ser humano. Es de agradecer el esfuerzo por dar voz a viejos temas que la olvidada filosofía llevó a su camino, y hacerse eco de su vigencia en tiempos en que la perplejidad vuelve a llenar de niebla nuestra mirada. 
Tonifica y levanta el decaído ánimo recordar que por los caminos de la reflexión podemos darnos cuenta que sigue abierto el diálogo que Platón abrió para una ciudadanía cansada de la ausencia de verdad, perdida en la confusión de la violencia y la apariencia falaz, y que dos mil quinientos años después sigue royendo las entrañas de muchos países. Empezando por el nuestro. 
Inteligente dirección y brillantes interpretaciones de unos actores, tan frescos y tan maduros, tan vivaces y tan exquisitamente profesionales, que enorgullece tener el privilegio de disfrutarlos, dando maravilloso ejemplo de que el talento, en este páramo al que nos han abocado las cabezas dirigentes del país, crece y da luz frente a las negras sombras que lo atenazan. 
Bravo Fernando, seductora Melania, deliciosa Laura, exquisito Fran. Enorme Tito Asorey. Seguiréis creciendo más si cabe, y no porque no seáis ya grandes, sino porque estáis llenos de vida, talento y energía. Gracias por el inolvidable concierto de belleza y verdad. Ha sido un placer."
Eugenia, Otoño de 2014. 

lunes, 1 de septiembre de 2014

PERPLEXO!!

Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que sabes como é a túa vida. Cres que tes certezas. Pero as certezas neste mundo son case unha utopía. Cando toda a realidade se derruba ao noso redor, a que podemos aferrarnos?... Benvidos o universo de Perplexo, a segunda produción da compañía ourensá Il Maquinario Teatro.


viernes, 2 de mayo de 2014

Función de O HOME ALMOFADA en Vigo

Hoxe, 2 de Maio, ilMaquinario Teatro estará con O HOME ALMOFADA no Auditorio do Concello de Vigo, ás 21:00 horas. É a nosa última función en Galicia antes de estrear o noso espectáculo en castelán, a semana que ven en Madrid. É para nós un pracer poder realizar esta función na cidade na que estudamos durante catro anos os cinco membros da compañía, e na que temos tantos bos amigos.

 As entradas poden mercarse neste enlace:  http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-do-concello/3599--o-home-almofada-ilmaquinario-teatro.html