"Un home esperta na forca de ferro onde o deixaron para que morrese de fame. Sabe que era culpable do crime polo que o meteron alí, pero non é quen de lembrar o crime cometido. Na encrucillada onde está hai outras dúas forcas; nunha delas hai una placa que na que se pode ler “violador”, e na segunda, outra placa coa lenda “asasino”. Na gaiola do violador hai un esqueleto cuberto de po; hai un vello agonizante dentro da gaiola do asasino. O noso home non pode ler a placa que hai por fóra da súa propia gaiola, así que lle pide ao vello que lla lea, para saber o que fixo. O vello mira a placa, mira ao home, e logo esbírralle na cara anoxado. Chegan unhas monxas. Rezan polo violador morto. Danlle comer e beber ao vello asasino. Len o crime do noso home. Quedan sen alento e foxen chorando. Chega un bandoleiro. Observa ao violador sen moito interese. Mira ao vello asasino, rompe a fechadura da gaiola, e déixao ir. Acércase á gaiola do noso home, e le o seu crime. O bandoleiro, sorrí un chisco. O noso home devolve o sorriso, un chisco. O bandoleiro apunta coa pistola e atravésalle o corazón. Mentres o noso home morre, berra, “Dime tan só o que fixen!” O bandoleiro vaise sen dicirlle o que fixera. As últimas palabras do noso home foron “Irei ao inferno?” E o último son que escoita é a risa compracida do bandoleiro."
Asdo. Katurian K. Katurian
No hay comentarios:
Publicar un comentario